Monday 06 de May de 2024

Gonzalo Muíños reclama melloras de iluminación e asfaltado en Rial de Conxo


§ Insta ao goberno local a que se solucione os problemas de afundimento na rúa onde hai localizadas varias fochancas que poñen en risco a circulación na zona

§ “A zona sen luz é un tramo curto e non sería unha gran inversión a colocación de algunhas luminarias, pero suporían un gran salto en materia de seguridade, sobre todo para os peóns” afirma.

Actuacións de asfaltado e a instalación de varias luminarias na rúa de Rial de Conxo, será a solicitude que fará Gonzalo Muíños no próximo pleno ao goberno local. Segundo o portavoz dos socialistas a rúa conta con puntos onde o asfalto se está afundindo, creando fochancas. Tamén en outras zonas onde se fixo un asfaltado en frío.

Así o edil socialista reclama ao goberno local a que dea a instrución de solucionar o asfalto desta rúa, que explica, pode realizarse co contrato de mantemento de espazos públicos que puxo en marcha o goberno socialista. “Non é máis que tramitar a solicitude para que a empresa concesionaria deste servizo actúe” explica Muíños, polo que non entende por que non se realizou aínda.

Logo de manter un encontro coas veciñas e veciños da zona, Muíños reclama ademais ao execuLvo local a instalar varias luminarias nesa zona “para poder transitar, tanto peóns como vehículos, con total seguridade”.

Insiste en que non se trata dunha gran inversión, e que incluso puidera incluírse tamén dentro do propio contrato de iluminación que tamén os socialistas puxeron en marcha a finais do pasado mandato para proceder á renovación de todas as luminarias de SanLago: “ademais da renovación de todos os farois, había un retén de varias luminarias a maiores para ampliar a zonas con necesidade, como é o caso” afirma.